miércoles, 27 de junio de 2012

Contos Estraños 2

¡Ya ha salido!

Hoy recibí en mi casa el número 2 de Contos Estraños, dedicado esta vez al mundo del maestro Tolkien.

Lo que más me sorprendió nada más recibirlo es lo que ha mejorado la publicación. Ya parecía que los autores, ilustradores y editores habían llegado a su culmen cuando vamos y nos encontramos una mejora sustancial en los textos, presentación y láminas.
En este número, tanto autores como dibujantes han puesto todo su arte en homenajear al maestro de la fantasía épica, Tolkien. Podéis disfrutar de un buen conjunto de relatos amenos y láminas de una calidad pulida. Es notorio como los componentes de este equipo han aprendido de sus errores y perfeccionado sus virtudes, consiguiendo una publicación que, de verdad, sorprende.

Os pongo a continuación una relación de quienes componemos esta vez el equipo para que vayáis consultando sus respectivos blogs:

Contos
"Os Últimos de Landeiras" - Xosé Duncan
"O Val dos Espíritos" - Héctor Paz
"Productos Chitk'nosh" - Jacobo Feijoo
"Solsticio de verán" - O Kuruñés
"A Mastélida" - Roberto A. Rodrígues
"Concedido" - Lois Z
"A Estúpida Existencia de Victoria Expósito" - Maruxa Martínez
"Só un mal día" - Manuel Castiñeiras"
"Esperanza" - Saulo R. Mars
 Novela
 "A Cabalgata dos Centauros" (1ª parte) - Manuel Gayoso
"A Revolta dos Esfarrapados" (1ª parte) - Fernando Pérez
"Dark" (3ª parte) - Ernesto Diéguez
 Tradución
 "A Raíña da Costa Negra" (1ª parte) - Robert Erwin Howard

Entre los ilustradores, esta vez nos han aportado su arte:

Portada:
José Serrano
Interiores:
José Serrano
Fernando Bravo
David Fajardo
José Ángel Ares
Ivan Valladares
Ana Castiñeiras
Olalla D Bóo

Lo que ha comenzado a denominarse "Xeración Fantástica Galega" o "Nova Xeración Fantástica da Galiza" va cogiendo fuerza poco a poco, como vemos. Empiezo a augurar que esto es el inicio de algo que saldrá en los libros de la Historia de la Literatura Gallega, por muy soberbio que parezca pensar así ahora mismo.
Os invito a conseguir el libro y disfrutar de una colección de relatos de ambientación de fantasía épica.




lunes, 11 de junio de 2012

Armando Requeixo y artículo dedicado a las nuevas promesas gallegas


Agroterror galego

Nestes tempos de crise galopante que nos tocou sufrir, tal semella que nada se renova no mundo literario de noso, que todo fica remansado, empozado e ata por veces esclerotizado. Mais, como nos lembra a vella e sabia sentenza, eppur si muove.
Un dos máis salientables exemplos deste pulo anovador represéntao o selo compostelán Urco Editora, quen dende hai tres anos para acó se converteu na casa de referencia canto ao que á escrita de terror, misterio témero, fantasía épica e ciencia ficción diatópica se refire.
Pois ben, entre os máis graúdos froitos do meritorio labor de Urco atópase a creación da revista pulp galega Contos Estraños, herdeira, dende a distancia, dos vellos fanzines estadounidenses de xénero dos anos 20 do pasado século.
Ata o de agora Contos Estraños tirou do prelo dous números e hai un terceiro ás portas xa da presentación. Nas súas planas, dirixidas polo escritor de ficción fantástica Fernando M. Cimadevila e mais o tradutor Tomás González Ahola, participan como colaboradores unha ben nutrida nómina de narradores, poetas, ilustradores e tradutores que, dende moi diversos ancos temáticos, estilísticos e aínda (sub)xenéricos, fan desta cabeceira o espazo por excelencia do que os propios coordinadores da iniciativa bautizaron como “agro-terror” galego.
A estrutura de cada entrega respecta o libérrimo espírito dos participantes, mais artéllase sempre arredor dunha escusa monográfica. Neste sentido, o segundo dos volumes da publicación figura dedicado á memoria de Howard Phillips Lovecraft e leva como expresivo subtítulo o de ‘Anoiteceres estraños’.
Canto aos contidos propiamente ditos desta entrega, hai un predominio claro do relato, máis tamén se atopan seccións dedicadas á novela curta e mesmo á creación e tradución de textos poéticos.
No que di da contística inserida no volume un pode achar de todo: dende o terror mariño de criaturas abisais enxendradoras de Ana Raven ata a edípica actualización frankensteiniana de David Botana, pasando polo neogótico gargolesco de Jacobo Feijóo, os ecos do gran Cthulhu no arrepío violento e irracional dos seres de Xosé Duncan, a refactura aggiornada dos cultos pánicos agora endemoñados por Manuel Gayoso, o alegórico postapocalíptico dunha Galicia adoradora dunha moi singular momia na imaxinación do amentado González Ahola, o fantástico dun cotián estarrecedor e simbólico de Jorge Emilio Bóveda ou o desacougo miniaturizado e parafeérico de Ariel Martínez.
Agora ben, se tivese que destacar un único texto entre os moitos moi interesantes do volume (velaí, poño por caso, as segundas partes das novelas curtas Primeiros e Dark, de Fabián Plaza e mais Ernesto Diéguez, respectivamente), a non dubidalo quedaría coa intriga anguriante despregada por Roberto A. Rodrigues no seu excelente “Expediente Sentulo”, moi elaborada narración —e tamén a mellor definida estilisticamente— sobre a que gravitan os máis grandes do xénero invasor, dende o mítico Wells de A guerra dos mundos ata todas as outras coñecidas escritas de desembarcos de ultracorpos ao Finney e similares, só que aquí a praga endémica (e case que bíblica) está protagonizada por un exército de centolos asesinos que rematan por asolar, literalmente, a Illa de Ons.
Este número de Contos Estraños péchase cun poema lovecraftiano de Marisol Gándara e versións galegas de textos líricos en lingua inglesa de Robert E. Howard, William Hope Hodgson e outra volta Lovecraft.
A todo o anterior habería aínda que acrecentar as orixinais ilustracións que José Ángel Ares, Fernando Bravo, Ana Castiñeiras, Jara Zambrano e José L. Serrano fixeron para os interiores, así como a homenaxe ao autor de Providence que Denís Fernández realiza na súa semifosforescente cuberta.
Xa que logo, a coda a este comentario non pode ser senón congratulada e esperanzada, sabedora de que a canteira da ficción galega de terror (e non só) comeza a amosar abrochos máis que verdes.
[Publicado nos xornais El Ideal GallegoDiario de FerrolDiario de Arousa e Diario de Bergantiños, 10-6-2012]
(PD: ¡¡Gracias, Armando!!)